Consellería do Medio Rural
Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e agrupacións forestais de xestión conxunta, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027 e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR651A).
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que poderán percibir as persoas titulares de montes veciñais en man común (MVMC) e agrupacións forestais de xestión conxunta para a posta en marcha das actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
2. As accións que se subvencionan consistirán no control da biomasa en áreas devasa, devasas e faixas auxiliares de pista, coa finalidade de reducir a carga de combustible existente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren.
3. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e ás agrupacións forestais de xestión conxunta da Comunidade Autónoma de Galicia, agás aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, que non solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.
4. Estas axudas están amparadas no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013 así como demais normativa comunitaria sobre axudas de estado; e enmárcase no actual Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027 para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, Decisión de execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023 e C(2024) 6133 final, do 30 de agosto de 2024.
5. Tamén se amparan no Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE L 327/1, 21.12.2022), no seu artigo 43 «Axudas destinadas á prevención e reparación de danos en bosques».
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as agrupacións forestais de xestión conxunta, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no PEPAC 2023-2027.
3. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, conforme o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
4. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada unha delas, que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias.
5. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación de montes veciñais en man común, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación. En caso de disolverse a agrupación antes de que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cada persoa xurídica membro da agrupación asumirá a obriga de reintegro que corresponda, de ser o caso.
Importe
1. As subvencións que se deriven da aplicación desta orde financiaranse, nos exercicios 2025 e 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.770.0 do proxecto de lei de orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2025, por un importe de 3.900.000,00 € (2.500.000,00 € no ano 2025, e 1.400.000,00 € no ano 2026), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 80 %, pola Administración xeral do Estado nun 16 % e pola Xunta de Galicia nun 4 %, respecto ao gasto público total.
A presente orde tramitarase e financiarase ao abeiro da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes de 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a resolución da concesión das axudas queda condicionada á efectiva existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2025 aprobados polo Consello da Xunta, na aplicación orzamentaria 15.02.551B.770.0, co código de proxecto 2024 00115, do orzamento de gastos da Xunta de Galicia.
2. A Consellería do Medio Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, de conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.
Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións
1. As superficies forestais mínimas para poder solicitar estas subvencións serán:
– Para as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) será de cen hectáreas (100 ha).
– Para as agrupacións forestais de xestión conxunta a superficie mínima será de 50 ha.
2. Para acadar a superficie as CMVMC poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se localicen nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:
a) Localización nun mesmo concello.
b) Localización en concellos limítrofes sempre que os montes veciñais en man común sexan estremeiros.
3. Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estivese localizada nalgún concello incluído en espazos protexidos da rede Natura 2000, a superficie mínima sería de 50 ha.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 810374): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index
-Na Consellería do Medio Rural.
-DOG Nº: 16 (public. 24/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0426-301224-0002_gl.pdf