Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega

O prazo de solicitude remata o 29/07/2024

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Orde do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

 Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega. As ditas actuacións deberán estar realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 20. Así mesmo, excepcionalmente considéranse subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2023 derivados da organización e participación en feiras do período do Nadal 2023-2024, así como os gastos efectuados no ano 2023 para o pagamento da súa reserva.

Beneficiarias/os

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 deoutubro,polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Importe

Destínase un total de 265.000,00 € das aplicacións orzamentarias seguintes:

Aplicación orzamentariaImporte (€)
44.06.751A.770.3. Comercialización da artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns.180.000,00 €
44.06.751A.761.5. Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia. Corporacións locais.50.000,00 €
44.06.751A.781.4. Comercialización da artesanía de Galicia. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns.35.000,00 €

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Máis Información

-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 770341): http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

-Na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na súa epígrafe de axudas ou http://artesaniadegalicia.xunta.gal

-Na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal

-Nos teléfonos 881 99 91 78 e 981 54 55 97 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

-Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

-Nos enderezos electrónicos dxc.axudas.comercio@xunta.gal  e centro.artesania@xunta.gal

-DOG Nº: 124 (public. 27/06/2024): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0767-180624-0001_gl.pdf

gl_ESGL