Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Resolución do 3 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR937A).
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (código de procedemento PR937A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Importe
1. Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de un millón de euros (1.000.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
2. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación e condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Neste caso, publicarase a ampliación do crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio do novo cómputo de prazo para resolver.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do oitavo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025.
Máis Información
-Na Base de datos nacional de subvencións (BDNS Identif.: 810867): https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/inicio
-Na Secretaría Xeral da Emigración. -DOG Nº: 20 (public. 30/01/2025): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250130/AnuncioG0767-030125-0002_gl.pdf