Como complemento da asistencia presencial prestada polos Servizos Sociais locais e en coordinación con estes departamentos municipais, ponse en marcha o servizo de videoasistencia a persoas maiores.
Que se pretende con esta iniciativa?
- Favorecer a autonomía das persoas maiores, evitar o proceso de illamento e contribuir a paliar situacións de soidade non desexada.
- Detectar necesidades da propia persoa e da súa contorna.
- Coordinar os recursos e facilitar a aproximación dos recursos necesarios.
- Captar e reter persoal cualificado no territorio, mediante a prospección de fórmulas para impulsar a xeración de emprego ligado á oferta de servizos ás persoas maiores.
- Xerar novas propostas de servizos impulsando plataformas intelixentes que comporten a xeración de emprego.
- Impulsar novos perfís profesionais ligados a cubrir de forma integral as necesidades das persoas maiores.
- Favorecer a competitividade empresarial e o emprego ligado á oferta de servizos e consumo pensada especificamente para persoas maiores.
Ademais das funcións propias do servizo prevese a utilización de equipamento tecnolóxico (tablets ou similar) para:
- Vehicular servizos de apoio integral relacionados coa saúde e o benestar, tecnolóxicos, culturais, lecer e do coñecemento, administrativos e financeiros, e outros servizos complementarios.
- Xerar un “escenario de emprendemento” asociado aos servizos a persoas maiores utilizando ese equipamento tecnolóxico (tablets) como escaparate dixital dos servizos que os emprendedores e pemes locais poden ofrecer ás persoas maiores: desde programas en liña de envellecemento activo a servizos de coidado persoal, servizo de comida a domicilio, transporte a demanda, etc.
Estás interesado en ser usuario deste servizo? Coñeces a alguén que podería estalo?
Contacta co departamento de Servizos Sociais do teu Concello.
DIRECTORIO SERVIZOS SOCIAIS | ||
CONCELLO | ENDEREZO ELECTRÓNICO | TELÉFONO |
Pontenova | servizossociais@concellodapontenova.gal | 982 34 22 77 |
Becerrea | carmen.garcia.villamil.becerrea@eidolocal.es | 982 36 05 18 |
Meira | servizossociais@concellodemeira.com | 982 33 00 60 |
Ribeira de Piquín | ssociais.ribeirapiquin@gmail.com | 982 33 36 01 |
Pol | servizossociais@concellodepol.gal | 982 34 50 29 |
As Nogais | servizossociais@concelloasnogais.es | 982 36 41 90 |
Pedrafita | servizos.sociais@concellopedrafita.es | 982 36 71 03 |
Cervantes | concello.cervantes.cervantes@eidolocal.es | 982 36 49 04 |
Navia de Suarna | ssociaisnaviadesuarna@eidolocal.es | 982 36 51 66 |
Baralla | servizossociaisbaralla@concellobaralla.es | 982 36 33 03 |
Láncara | servizossociais.lancara@eidolocal.es | 982 543 152 |
Baleira | info@concellobaleira.es | 982 35 40 59 |
Fonsagrada | tsocial@afonsagrada.org | 982 34 00 00 |
Negueira de Muñiz | servizossociais@concellodenegueira.es | 982 35 33 03 |