Visita á Fundación Edes en Tapia de Casariego

O prazo de solicitude remata o ACF

A equipa do proxecto Montes e Vales Orientais Territorio Intelixente mantivo unha reunión de traballo coa equipa da Fundación Edes nas súas instalación da Finca O Cabillón en Tapia de Casariego, Asturias, co fin de coñecer as estratexias e protocolos de captación de novos poboadores que esta entidade vén desenvolvendo dende hai varios anos e valorar a súa potencial transposición á estratexia a desenvolver para a captación de novos poboadores no marco do proxecto e no ámbito territorial de Montes e Vales Orientais.

A equipa foi recibida por Elena Martínez, coordinadora de programas da Fundación Edes, quen lles compartiu a evolución da entidade dende a súa fundación a través dos diversos programas que están levando a cabo. A continuación Verónica Bermúdez, técnica do programa “Volver al Pueblo”, desgranou os pormenores do proxecto que están a desenvolver no territorio para favorecer e facilitar o asentamento de novos poboadores. Así, expuxo o traballo de sensibilización que están a desenvolver coa poboación local e a relevancia que neste proceso teñen os máis novos, focalizando parte das súas intervenciós nos colexios e institutos da comarca. Por outra banda, abordou a liña de traballo que manteñen coas empresas da zona, facilitadores de oportunidades laborais. Así mesmo, entrou ao detalle da coordinación e traballo que manteñen coas entidades locais e o deseño de ferramentas de información e acompañamento a potenciais poboadores. E por último, o labor de acompañamento e orientación que desenvolven cos novos poboadores, para facilitar a súa inclusión na comunidade de acollida e a súa aceptación por esta.

gl_ESGL