XORNADA ORGANIZADA POLA REDE DE MULLERES DO TERRITORIO NA CASA GRANDE DE LÁNCARA.

O prazo de solicitude remata o ACF

Compartimos algunhas das fotos da xornada organizada pola Rede de Mulleres do Territorio na Casa Grande de Láncara.

Nesta ocasión, tomaron a palabra as mulleres que se asentaron neste territorio procedentes de diferentes lugares, diferentes países e mesmo diferentes culturas. Como foi a experiencia? Que choques culturais ou sociais hai? Como se pode traballar para facilitar a integración?

Foi unha xornada de intercambio e convivencia na que aprender da diversidade cultural das mulleres que vivimos nalgún dos 14 concellos nos que traballa o GDR Montes e Vales Orientais.

Actividades desenvoltas:

10:00 – Benvida e acreditación das participantes
10:30 – Presentación da Xornada
10:45 – Conversas e experiencias de asentarse no territorio
12:00 – Mercadiño de intercambio de roupa
12:45 – Conversas e experiencias de asentarse no territorio
14:30 – Comida de traballo sobre como impulsar a Rede de Mulleres
16:30 – Reflexión conxunta sobre o papel da Rede de Mulleres
17:00 – Visita guiada á Casa de Cuba en Láncara, Centro de Interpretación da Emigración Galega
18:00 – Fin da xornada

Nos próximos días compartiremos tamén algunhas das conclusións e seguintes pasos que vai dar a Rede de Mulleres. Animamos a todas as mulleres do territorio a sumarse á canle de Whatsapp e participar nas actividades: síguenos aquí!

gl_ESGL